COMUNICADO ÓS MEDIOS DE ASAMBLEA ABERTA OURENSE 15/05/2012

COMUNICADO IMPORTANTE DE ÚLTIMA HORA 15M Ourense


COMUNICADO ÓS MEDIOS DE ASAMBLEA ABERTA OURENSE 15/05/2012

De Oscar Pinal en AcampadaOU Debate

Dende Asemblea Aberta Ourense queremos desmentir as informacións publicadas esta tarde nos medios de comunicación dixitais sobre o acontecido en Expourense na presentación do proxecto Hospital 2050.

O movemento 15M decidiu na asamblea xeral do mércores 14 de maio apoiar o chamado da Plataforma SOS pola defensa da Sanidade Pública, o mesmo que fixeron Estudantes Sen Futuro. No acto pretendíase leer un manifesto en contra dos recurtes en materia de Sanidade.

Minutos antes da chegada do Presidente da Xunta, as forzas do Corpo Nacional da Policía recibiron ordes de apartar á forza aos cidadáns que agardaban a Alberto Núñez Feijóo á entrada do recinto feiral con pancartas e cánticos reivindicativos, en ningún momento cunha actitude violenta nin con intención de botar abaixo o evento. De feito nin os alí presentes pudieron acceder ás instalacións de Expourense.

Si estaban dentro tres estudantes que se achegaron ao Presidente da Xunta e un deles, dándolle a man, reprochoulle verbalmente a nefasta política que exerce en materia de educación e sanidade.

Foi neste intre cando os gardacostas do presidente e os policías se botaron contra o rapaz, provocando éstes (gardacostas e policía) un empurrón masivo a todos os que acompañaban ó presidente e ó propio Presidente da Xunta, dando lugar o incidente ao que fan erróneamente mención tódolos medios de comunicación.

Ningún manifestante agrediu, zarandeou, nin intentou agredir ao Presidente da Xunta. Só exerciamos o noso dereito a liberdade de expresión e manifestación.

Basta de mentiras, manipulación e o que é peor, violencia policial ante actos legais.

PINCHA AQUÍ para VOLVER a la PÁGINA ANTERIOR o VISITAR mi SITIO WEB

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: