Desaloxo violento do #pecheOurense

Esta madrugada, cara as 2:30h., a policía española desaloxou violentamente ás estudantes, algunhas menores de idade, que permanecían pechadas na biblioteca municipal de Ourense dende a tarde de onte, en protesta contra os recortes no ensino público e as medidas de privatización e elitización da universidade.

Ante esta situación, denunciamos a actitude policial, non só alarmante pola violencia física, senón tamén polos insultos e faltas de respeto cara ás estudantes. Así mesmo, a brutalidade á que xa estamos afeitas saldouse tamén con danos materiais, tanto nas instalacións como nas pertenzas das estudantes agredidas.

Dende a Liga Estudantil Galega queremos mostrar o noso apoio ao estudantado ourensán, así como rexeitar rotundamente, mais unha vez, a intervención policial, represora, violenta e sen escrúpulos, ao servizo do poder e non cumprindo o papel que se lle presupón, de velar pola seguridade de todas nós.

Seguiremos loitando na defensa dos nosos dereitos!

As concentracións en solidaridade co desaloxo serán o mércores 30:

o Lugo: ás 19.00 diante de Intercentros
o Compostela: ás 19.00 no Toural
o Ourense: ás 20.00 diante da Subdelegación do goberno

VOLVER A LA PÁGINA ANTERIOR

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: